Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 03 de abril de 2001 Páx. 4.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello Pleno, na súa sesión do 22-3-2001, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para adquirir determinados e concretos bens inmobles, exponse ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: adquisición dos seguintes bens inmobles para destinar ó Servicio de Vías e Obras:

Nave e terreos sobre os que se sitúa, dunha superficie mínima construída de 1.000 m, e terreos anexos á referida nave, dunha superficie mínima de 1.500 m, situados no termo municipal de Redondela.

As condicións mínimas que deben reunir son as seguintes:

a) Cercanía ó núcleo urbano central.

b) Boa comunicación rodada, a menos de 300 m dunha estrada nacional.

c) Facilidade para entrada, manobras e saída de camións.

d) Capacidade da superficie non construída para ser un almace ó aire libre.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 50.000.000 de pesetas, equivalentes a 300.506,052 euros, á baixa.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento establecido como tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Requisitos do contratista.

Ter plena capacidade de obrar e non atoparse incurso nalgunha das circunstancias que se enumeran no artigo 20 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfoso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposicións axustarase á cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 23 de marzo de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde