Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de marzo de 2001 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Terra Termarum Castrolandín.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Terra Termarum Castrolandín, con domicilio en Cuntis, na Praza das Árbores nº 1 (Pontevedra) .

Supostos de feito.

1. Olimpio Arca Caldas, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 5 de febreiro de 2001 formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Cuntis, o día 8 de xaneiro de 2001, ante o notario José María Gamallo Aller, baixo o número 3 de protocolo, por Juan Luis Seijo Pastor, Francisco Manuel Campos Ferreiro, María Concepción Ferreiro Campañó, Alfonso Iglesias Rapado, Mario Touceda Torres, José Manuel Mesego Fernández, Roberto Ameijeiras Paz, Olimpio Arca Caldas, Eduardo Rey Rodríguez, Antonio Pena Abal, Serafín Manuel Escariz Fuentes e Ramón Alonso Rodríguez.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a xestión integral, estudio, protección e promoción do xacigo arqueolóxico de Castrolandín, así como a difusión da cultura castrexa e da romanización en Galicia.

4. O padroado da fundación estará constituído por: Olimpio Arca Caldas como presidente, Eduardo Rey Rodríguez como vicepresidente primeiro, Juan Luis Seijo Pastor como vicepresidente segundo, Roberto Ameijeiras Paz como secretario, Mario Touceda Torres como tesoureiro, Serafín Manuel Escariz Fuentes, José Manuel Mesego Fernández, Antonio Pena Abal, Ramón Alonso Rodríguez, Alfonso Iglesias Rapado, María Concepción Ferreiro Campañó e Francisco Manuel Campos Ferreiro como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Terra Termarum Castrolandín, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa ads

crición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 13 de marzo de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Terra Termarum Castrolandín e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública