Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de marzo de 2001 pola que se clasifica como de interese asistencial a Fundación ASPE.

Visto o expediente de clasificación da Fundación ASPE, con domicilio en rúa Párroco Villanueva, nº 29 en Sada (A Coruña).

Supostos de feito.

1. José Luis Ramos Hinojosa, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 7 de xullo de 2000 formulou solicitude de clasificación para

efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Sada, o día 14 de xuño de 2000, ante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano, co número 899 do seu protocolo, por José-Luis Ramos Hinojosa, María José Rodríguez Lorenzo, Beatriz Núñez Castelo e Manuel Prego Fernández, que interveñen no seu propio nome e dereito. O 21 de setembro de 2000 elévanse a público, co número de protocolo 1535, acordos sociais perante o mesmo notario e contendo os novos estatutos.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a prestación de asistencia e transporte sanitario, auxilio e socorro a todas aquelas persoas que por enfermidade, accidente en estradas, camiños, vías públicas ou privadas, vivendas ou calquera outro lugar, precisen atención sanitaria ou desprazamento a un centro hospitalario.

4. O padroado da fundación estará constituído por José-Luis Ramos Hinojosa como presidente, María José Rodríguez Lorenzo como vicepresidenta, Beatriz Núñez Castelo como secretaria e Manuel Prego Fernández como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese asistencial da Fundación ASPE, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese asistencial e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regu

lamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 20 de marzo de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese asistencial a Fundación ASPE e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública