Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.290

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de marzo de 2001 pola que se clasifica como de interese benéfico-asistencial a Fundación Gallega Síndrome de Down.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Gallega Síndrome de Down, con domicilio en Vigo, rúa Hispanidade, nº 69, baixo (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Rita Blanco Rivas, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 15 de marzo de 2001 formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Gallega Síndrome de Down, foi constituída en escritura pública outorgada no Porriño, o día 29 de decembro de 2000, ante o notario Ernesto Regueira Núñez, co número 2055 do seu protocolo, por María José Giganto del Corral, Javier Arroyo Perales, Rita María Blanco Rivas, Antonio Meira Abello, Julia Freire González e Antonio García, que interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 7 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é traballar pola mellora da calidade de vida das persoas con síndrome de Down (SD), en tódalas etapas e ámbitos da súa vida, e conseguir unha integración social real, facendo extensivo este propósito a toda persoa con disca-

pacidade intelectual; e recoñecendo que o primeiro dereito de calquera persoa discapacitada é chegar a non selo.

4. O padroado da fundación estará constituído por Rita María Blanco Rivas como presidenta, María José Giganto del Corral como vicepresidenta, Antonio García Blanco como secretario, Antonio Santiago Meira Bello, Javier Arroyo Perales e Julia Freire González como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese benéfico-asistencial da Fundación Gallega Síndrome de Down, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese benéfico-asistencial e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 20 de marzo de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese benéfico-asistencial a Fundación Gallega Síndrome de Down e adscribila

á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA