III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas para a obtención do certificado de CE de formación para os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.
Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 57, do mércores 21 de marzo de 2001, é necesario face-la seguinte corrección:
Na páxina 3.594, onde di: «vocais suplentes:... Mª Cruz Tomé Navas, xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra», debe dicir: «vocais suplentes:... Alberto Eiras Martínez, xefe do Servicio de Informes e Recursos».