En aplicación do disposto na disposición trixésimo quinta do epígrafe VIII da Orde do 10 de outubro de 2000 (DOG do 24 de outubro), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados convocado pola orde que se cita, segundo os anexos da presente resolución.
Contra a presente resolución cabe reclamación, no prazo de oito días naturais, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Poderase, no mesmo prazo, presentar desistencia á participación no concurso, sempre e
cando se participe con carácter voluntario, advertindo ós concursantes que o fan desde a situación de suprimidos que, de desistiren, no suposto de que na súa localidade ou zona se adxudique vacante das especialidades que teñan acreditadas, decaerán no dereito preferente que teñen recoñecido.
Os que simultaneamente participan no concurso específico de orientación poderán igualmente presentar renuncia a un dos concursos, á súa opción, nos prazos sinalados no anterior parágrafo e na Resolución do 26 de febreiro de 2001 (DOG do 7 de marzo).
Transcorrido o prazo, esta dirección xeral elevará a definitiva a adxudicación de destinos.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.
Jaime García García
Director xeral de Persoal

