Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 15 de marzo de 2001 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes da Coruña número catro e O Carballiño.

O nomeamento de rexistradores da propiedade que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 30 de xaneiro de 2001 (BOE do 8 de febreiro), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución, o decreto da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, modificado polo Decreto 160/2000, do 29 de xuño, e o Decreto 161/2000, tamén do 29 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que a seguir se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Teresa Luisa Palmeiro Pereiro, rexistradora de Mondoñedo, para o rexistro da Coruña, nº 4.

-Mª Dolores Estevé Portoles, rexistradora de Bande, para o rexistro do Carballiño.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza Interior e Relacións Laborais