Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.
Fago saber: que nos autos nº 32/2001 seguidos por instancia de Ramón López Lareo contra Maderas Boquete, S.L. e Fogasa sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 28-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:
Que estimando a demanda interposta por Ramón López Lareo e Alfonso Vázquez Espiñeira, contra a empresa Maderas Boquete, S.L., debo declara-la improcedencia do despedimento dos demandantes e ó non ser posible a readmisión dos traballadores polo peche da empresa, debo declarar resolta a rela
ción laboral entre as partes, condenando á empresa Maderas Boquete, S.L. a que faga o pagamento a cada un dos demandantes na suma de 331-128 pesetas en concepto de indemnización, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta resolución, coa absolución do fondo de garantía salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta resolución e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, a cantidade obxecto da condena, nº identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, nº identificador 5602-65 sen estes requisitos non se poderá ter por anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que lle sirva de notificación a empresa Maderas Boquete, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na Laracha. Soandres, Abeleira, 20, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 28 de febreiro de 2001.
O secretario xudicial
Rubricado

