Jaime, Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dá fe e testemuño, que en autos seguidos perante esta xulgado do social tramitados baixo o número 779/2000, por instancia de Eduardo Blanco López, contra o INSS, a TXSS e Empresa Maquia Ofitec, S.L. sobre invalidez derivada de accidente de traballo, dictouse a seguinte sentencia:
Na cidade da Coruña o 31 de xaneiro de 2001.
Jorge Hay Alba, maxistrado-xuiz do Xulgado do Social número dous desta cidade viu os presentes autos de xuízo número 779/2000 seguidos por instancia de Eduardo Blanco López, maior de idade, asistido polo letrado José Gil Cortón, contra o INSS, representado e asistido pola letrada Mª Carmen García Sánchez; a TXSS, e Empresa Maquia Ofitec, S.L. que non compareceron en autos, sendo o obxecto
da reclamación, invalidez derivada de accidente de traballo. Seguen feitos e fundamentos de dereito.
Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Eduardo Blanco López contra o INSS, TXSS e Empresa Maquia Ofitec, S.L., absolvendo os demandados dos pedimentos contidos nela.
Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.
Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que sirva de notificación á Empresa Maquia Ofitec, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 8 de marzo de 2001.
O secretario xudicial
Rubricado

