Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 829/2000 por instancia de Fernando Díaz Gómez contra a empresa Cervalín, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 8-3-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Que, estimando a demanda formulada por Fernando Díaz Gómez contra a empresa Cervalín, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de duascentas trinta e seis mil corente e cinco pesetas (236.045 pesetas) que lle debe en concepto de salarios.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer ningún recurso.
Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mando e asínoo.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cervalín, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 8 de marzo de 2001.
Secretario xudicial
Rubricado

