Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, inciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.
Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.
Alberto Eiras Martínez
Xefe de Servicio de Informes e Recursos
Instructor
ANEXO
Expediente: DX-00001-S-2001.
Matrícula: C-4030-BX.
Denunciante: G.C. de Tráfico.
Denunciado: Fernando y Beatriz, S.L.
Último enderezo coñecido: Pol. Grela Bens, estrada O Bosque, s/n, 158, A Coruña.
Feito denunciado: o 8 de agosto de 2000, o vehículo C-4030-BX da titularidade de Fernando y Beatriz, S.L., desde o 22 de maio de 1998, viuse implicado nun accidente. Efectuadas as oportunas actuacións ante o xerente da citada empresa, achegouse fotocopia do seguro de responsabilidade civil válido desde o 18-8-2000 ata o 17-8-2001, non acreditan que o día do accidente 8-8-2000, o vehículo estivese cuberto polo preceptivo seguro. Non presentan documentación que acredite que os 49 vehículos que ten a empresa se atopen cubertos polo seguro de responsabilidade civil; así mesmo tampouco presentou a autorización administrativa da actividade de aluguer de vehículos sen conductor á que se dedicaba. Requiriuse varias veces, o xerente da empresa para que presentase os documentos acreditativos do seguro dos 49 vehículos, así como autorización administrativa, sen que fosen achegados. A empresa Fernando y Beatriz, S.L. tivo autorización de aluguer
de vehículos sen conductor ata o 30 de xuño de 2000 no que foi dado de baixa por non visar.
Data/hora/estrada/p.k.: 8-8-2000; 11.
Precepto infrinxido: artigo 133 da Lei 16/1987.
Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.
Sanción proposta: 250.000 pesetas.

