Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T. Pedras, no concello de Monforte de Lemos e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 33/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe no pórtico de formigón L.M.T. triple circuíto circunvalación de Monforte de Lemos e remate na torre metálica derivación a C.T. Lende, cunha lonxitude de 2,319 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 18 apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do titulo IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e, no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacióins nesta Delegación Provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 33/1998Provincia: Lugo

L.M.T. PedrasTermo municipal: Monforte de Lemos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A CapelaPradoObdulia Fouces Álvarezr/ Estrela, 8, 27400 Monforte de Lemos, Lugo1257569

2A CapelaPradoCarlota Dopacio Gonzálezr/ Benito Viceto, 66, 27400 Monforte de Lemos, Lugo40393

3PreguiceiraPradoAdela Dopacio GonzálezBascós, s/n, 27412 Monforte de Lemos, Lugo2141403

6PreguiceiraPradoPablo Losada Losadar/ Galicia, 33-6º A, 27400 Monforte de Lemos, Lugo11104

20A VeigaPradoDositeo Fouces Díazr/ Pontevedra, 28, 27400 Monforte de Lemos, Lugo23322

28O MatoMonte altoDositeo Fouces Díazr/ Pontevedra, 28, 27400 Monforte de Lemos, Lugo259

57OuteiroMonte altoDositeo Fouces Díazr/ Pontevedra, 28, 27400 Monforte de Lemos, Lugo22216