Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/229-2, 5489 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para areeira en San Paio.

Situación: Castroverde.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 82 m de lonxitude con orixe no P-1 da L.M.T. Arcos-Gracián e final en C.T. de areeira en conductor LA-56. L.M.T. subterránea a 20 kV de 2 m de lonxitude con orixe en P-2 de liña L.M.T. aérea e final C.T. areeira en conductor R.H.Z. C.T. de 250 RVA relación 380-220 V. R.B.T. subterránea de 8 m de lonxitude en conductor R.H.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo