Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/90-2, 5174 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pereira, Vilanova e A Rasela (Baleira).

Situación: Baleira.

Descricións técnicas: 4 liñas de media tensión ós centros de transformación de Pereira, Vilanova, Vilardoi, A Rasela cunhas lonxitudes respectivas de 1.385, 1.656, 421,28 metros, todas elas a 20 kV e sobre apoios de formigón en conductor LA-56. 4 centros de transformación de intemperie de Pereira, Vilanova, Vilardoi, A Rasela, os catro de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. 4 redes de baixa tensión aéreas de Pereira-Montouto, Vilanova-A Azoreira, Vilardoi-Rebedul, A Rasela-Córneas-Escanlar-Urriba, cunhas lonxitudes respectivas de 785, 1.265, 1.515, 510 metros, e todas elas a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 26 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo