Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: rúa Mancebo, 6, 15403 Pontedeume.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Xiá de Arca (Monfero).
Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.027 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 24 da liña Eume nº 9, tramo de C.T. Gándara a C.T. Vilarboi e final no C.T. San Xiá de Arca, a instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Xiá de Arca, do que sae rede de baixa tensión, en conductor R.Z., de 15 m, que se conecta á rede existente. No termo municipal de Monfero.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 27-12-2000, no BOP do 21-12-2000, no xornal La Voz de Galicia do día 1-12-2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa
do Concello de Monfero. Ó mesmo tempo notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 28 de febreiro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña

