Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A., no termo municipal de Curtis, promovido pola empresa Gas Natural, SDG, S.A. (Expediente 01/3-0-G).

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto da rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A., declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Natural SDG, S.A., con domicilio en avda. de América, nº 38, 28028 Madrid.

Por orde da Consellería de Industria e Comercio do 25 de setembro 1998, outorgouse a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos industriais en distintos termos municipais da provincia

da Coruña, entre os que se atopa o de Curtis, devida en autorización segundo se establece na disposición adicional sexta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, xa mencionada.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións da rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

A rede está composta por unha canalización de aceiro de 6 polgadas de diámetro e presión APB (51 bar), con orixe e final no termo municipal de Curtis.

Parte mediante unha conexión cap da posición I-016/1 do Ramal a Curtis, localizada nas proximidades da estrada de acceso á Estación de Curtis, descorrerá utilizando camiños existentes na medida do posible e finalizará nunha válvula de conexión localizada na entrada da industria Bioetanol Galicia, S.A.

A lonxitude da conducción neste municipio é de 13.180 m.

Termos municipais afectados: Curtis.

Orzamento: o orzamento ascende a douscentos setenta e un millóns duascentas cincuenta e nove mil catrocentas sesenta e seis pesetas (271.259.466 pesetas).

Afección a predios particulares: a afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto, concrétase na seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de dous (2) metros de largo, un (1) a cada lado do eixe, por onde descorrerá soterrada a canalización e cables de telecomunicación e telemando que se requiran para a conducción do gas e que estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados do eixe da canalización.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto ningún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso de liñas, equipos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde descorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo onde se establece a imposición de servidume permanente de paso terá como largura, a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal, coma necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a relación dos cales se insire ó remate deste anuncio, para que poidan examinar esta relación na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Coruña, edificio administrativo Monelos s/n, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria