A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2001, aprobou inicialmente os proxectos de delimitación e estudio de detalle da unidade de actuación número 1 (UA-1) do Plan especial de reforma interior da Choupana, promovidos por Julio Rey e Outros, S.L., e a actuación polo sistema de compensación.
O ámbito do estudio de detalle agrupa as unidades de actuación 1 e 2 (UA-1.1 e UA-1.2), do Plan especial de reforma interior da Choupana; a primeira situada entre as rúas de Santa Marta de Abaixo (ó norte), e Campo de Santa Marta ó sur; e a segunda, con fronte á rúa da Espiñeira.
En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
A aprobación inicial do estudio de detalle determina automáticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorga
mento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo

