O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 25 de xaneiro de 2001, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta ós terreos non incorporados á xunta de compensación do ámbito do plan parcial.
Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, presentado pola devandita xunta de compensación no Rexistro da Xerencia de Urbanismo o 22 de novembro de 2000.
Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada das follas separadas de prezo xusto ó Ministerio Fiscal e a tódolos que aparecen como titulares de bens ou dereitos no expediente, nos termos do artigo 145, puntos 2º, 3º e 4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia».
Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto significando que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 26 de febreiro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

