Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.441

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PRINCIPADO DE ASTURIAS

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2001, do Servicio de Xestión Tributaria da Consellería de Facenda, de notificación de valores comprobados a contribuíntes en paradoiro descoñecido.

Ós contribuíntes que se detallan a seguir non se lles puideron notifica-los seus débitos por ignorarse o seu actual domicilio, ou ben por non ter quedado xustificado que chegase ó seu poder a cédula de notificación correspondente.

En consecuencia, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 39/1992, do 26 de novembro) procédese a publicar nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Facenda (Oficina de Xestión Tributaria de Xixón, r/ Munuza, 2, esquina a San Bernardo, para as notificacións tramitadas pola dita oficina e edificio administrativo de servicios múltiples, r/ Coronel Aranda, 2 en Oviedo, para as notificacións tramitadas na oficina de Oviedo e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario) as particularidades referidas a cada un dos ditos contribuíntes. Para o efecto cítanse os interesados relacionados a seguir para seren notificados, para este efecto deberán comparecer perante a oficina correspondente (tamén citada na relación adxunta) sinalándose que esta notificación en todo caso producirá efectos legais transcorridos dez días desde o día seguinte ó desta publicación, así como do anuncio no

correspondente BOP.

Faise constar para os supostos nos que transcorrido este prazo os interesados non compareceron ante as nosas dependencias, prevénselles que no caso de non estar conformes co valor comprobado pola Administración poderán promover taxación pericial contradictoria que lles outorga o artigo 52.2º da Lei xeral tributaria dentro dos quince días hábiles seguintes ó décimo transcorrido desde a presente publicación ou ben presentar:

c) Recurso de reposición perante a oficina liquidadora.

d) Reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional.

O expediente porase de manifesto ante o interesado se precisase diso para formula-las súas alegacións, debendo comparecer para tal obxecto perante a oficina xestora a partir do día seguinte ó da notificación e antes de que remate o prazo de interposición do recurso.

Concepto: transmisións patrimoniais. Oficina de Oviedo.

Ano: 2001.

Nº doc: 9389/00.

Contribuínte e domicilio: Rodríguez García, Josefina, r/ Bolivia, 16-3º Vigo (Pontevedra).

Valor comprobado: 1.320.800.

Oviedo, 29 de xaneiro de 2001.

Carlos Franco García

Xefe do Servicio de Xestión Tributaria