A Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra para os efectos de cumpri-lo disposto na disposición adicional vixésimo terceira da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, trala redacción modificada polo artigo 75.2º da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e de acordo cos termos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empraza os titulares dos artefactos flotantes, tales como bateas, mexilloeiras, viveiros flotantes e outras instalacións destinadas a actividades de acuicultura situados nas láminas de auga integradas no dominio público portuario a quen non se lle puidera realizar notificación persoal, a formalizaren ante ela solicitude de outorgamento do correspondente título administrativo habilitante da ocupación, autorización e concesión segundo proceda.
A solicitude deberá cursarse no prazo do mes seguinte á publicación do presente anuncio, considerándose en precario a quen non atenda tal obrigación dentro do referido prazo, para os efectos legais pertinentes.
Pontevedra, 27 de marzo de 2001.
Miguel Ángel Navarro Veroz
Director

