Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.442

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 17 de xaneiro de 2001, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, de notificación de providencia de constrinximento (referencia 01.2.1.11.001).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe de Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue e téndose intentado estas, de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os interesados, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na unidade de recadación para débedas de menor contía da dependencia provincial de recadación da AEAT en Barcelona, situada no Passeig de Josep Carner, 33, planta baixa de Barcelona, para poder ser notificados regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar indicados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 17 de xaneiro de 2001.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

Nome: López Darriba Manuel.

NIF: 34135216-L.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: C1100000270104758.

Unidade: unidade rec. menor contía.

Lugar de comparecencia: ps. Josep Carner 33, planta baixa, Barcelona.

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA