Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.442

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ACORDO do 20 de marzo de 2001 polo que se fai público o temario polo que se rexerá o proceso selectivo para o acceso á condición de persoal laboral fixo da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), na categoría de persoal de servicios xerais (PSX).

Coa finalidade de garanti-los principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade para o acceso á condición de persoal laboral fixo da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), na categoría de persoal de servicios xerais (PSX), acórdase publicar como anexo a este acordo, e con carácter previo á publicación da convocatoria do proceso selectivo, o temario que rexerá na proba eliminatoria tipo test.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

Javier Bouzada Romero

Director da Fundación Pública Escola Galega

de Administración Sanitaria (Fegas)

ANEXO

Tema I. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. As Cortes Xerais e o procedemento de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema II. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento, a Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema III. Estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Sergas. Tipoloxía e fins das fundacións públicas e empresas adscritas á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Tema IV. Estructura e organización da atención especializada no Sergas. Estructura e organización da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Estructura, obxecto e finalidades principais das diversas fundacións públicas e empresas adscritas á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Tema V. Normativa xeral aplicable ás fundacións públicas galegas. Especial referencia á Lei 10/1996, do 5 de novembro. Normativa autonómica galega sobre fundacións públicas sanitarias.

Tema VI. A Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, Fegas (I). Os seus estatutos: disposicións xerais.

Tema VII. A Fegas (II). Órganos da fundación. O Padroado: composición, funcións, réxime de funcionamento e acordos. O seu presidente e vicepresidente. O director da fundación: funcións.

Tema VIII. A Fegas (III). Réxime patrimonial, financeiro e contable. Normativa autonómica de aplicación á Fegas en materia orzamentaria e contable: principios básicos.

Tema IX. A Fegas (IV). Réxime de persoal. A lexislación laboral. O contrato de traballo: modalidades. Extinción da relación laboral. Dereitos e deberes dos traballadores e empresarios. A vinculación xurídica do profesorado que imparte cursos da Fegas.

Tema X. A formación continua dos traballadores do sector privado. O Acordo Nacional de Formación Continua. A Fundación Tripartita para a formación e o emprego.

Tema IX. A formación continua dos traballadores ó servicio da Administración pública. O Acordo de Formación Continua nas administracións públicas. A formación continua do personal ó servicio das institucións sanitarias do Sergas.

Tema XII. O Convenio de Conferencia Sectorial do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde sobre formación continuada das profesións sanitarias. Normativa estatal de desenvolvemento.

Tema XIII. O sistema acreditador da formación continuada dos profesionais sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia. A Comisión Autonómica de formación continuada e o Comité de Acreditación.

O procedemento para solicita-la acreditación de actividades de formación continuada en Galicia.

Tema XIV. Normativa sobre protocolo. Atención ó usuario: acollida e información. Tipos de comunicación: oral e telefónica. Sistemas de rexistro e arquivo de documentos.

Tema XV. Conceptos informáticos básicos: hardware, software. Sistemas operativos MS-DOS. Concepto, comandos básicos. Programa de aplicación. Sistemas operativos: windows. Conceptos xerais. Administrador de impresión. Explorador de windows. Ferramentas ofimáticas de uso común na Fegas: Microsoft Office 2000. Word, Excel, Access e Power Point.