Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.443

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública dos seguintes postos vacantes, de acordo coas seguintes bases:

Un consultor. Ref.: C-04.

Titulación: licenciado/a en farmacia, coa especialidade en análise clínica e formación posgrao en xestión de calidade.

Experiencia: mínima de tres anos en servicios hospitalarios de análise clínica e alomenos dun ano en empresas consultoras de xestión sanitaria, incluíndo a experiencia en xestión de compras de equipos e reactivos para análise clínica.

Outros requerimentos: nivel alto de inglés e coñecementos de informática, como mínimo a nivel usuario.

Procedemento de selección: baremo do curriculum (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Un consultor junior. Ref.: J-04

Titulación: licenciado/a en enxeñería ou ciencias físicas.

Nivel medio de inglés a nivel escrito.

Coñecementos de informática, como mínimo a nivel usuario. Deseño con programa Autocad.

Procedemento de selección: baremo do curriculum (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Un responsable de contabilidade analítica. Ref.: CA-04.

Titulación: licenciado en ciencias económicas ou empresariais (preferiblemente empresariais ou administración de empresas).

Experiencia: mínima de dous anos en tarefas de implantación e análise de custos, valorándose a experiencia no sector sanitario. Terase en conta a experiencia en control de xestión.

Outros requirimentos: dominio do paquete informático Microsoft Office. Valoraranse coñecementos do galego e do inglés. Dispoñibilidade para a realización de desprazamentos dentro da Comunidade Autónoma.

Procedemento de selección: baremo do curriculum (65%) e entrevista persoal (35%).

Un xefe de protección radiolóxica. Ref.: XPR-04.

Titulación: licenciado en ciencias físicas coa especialidade de radiofísica hospitalaria (vía FIR).

Formación preferente a través de organismos oficiais en materia de protección radiolóxica (por exemplo curso superior de protección radiolóxica de CIEMAT ou curso superior de instalacións de radiodiagnóstico).

Experiencia: valorarase experiencia en protección radiolóxica hospitalaria.

Procedemento de selección: aremo do curriculum (65%) e entrevista persoal (35%).

Presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu curriculum, sinalando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, plaza Europa, 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido.

Inicio das probas.

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.