O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública dos seguintes postos vacantes, de acordo coas seguintes bases:
Un técnico en radiofísica. Ref.: TER-06.
Titulación: título homologado de técnico especialista ou superior en radioterapia, medicina nuclear, imaxe ou radiodiagnóstico.
Valorarase formación en protección radiolóxica e coñecementos de inglés e informática a nivel usuario.
Experiencia: valorarase experiencia en unidades de radioterapia e protección radiolóxica, fundamentalmente en dosimetría física e clínica, e controis de calidade de instalacións radiactivas.
Procedemento de selección: baremo do curriculum (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).
Presentación de solicitudes:
Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu curriculum, sinalando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, plaza Europa, 5 A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).
Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido.
Inicio das probas:
As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.
Íñigo Álvarez Canoa
Director xerente do Instituto Galego
de Medicina Técnica, S.A.

