Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.483

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de marzo de 2001 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado Santiago Apóstol de Soutomaior (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Santiago Apóstol de Soutomaior, polo que se solicita poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite.

Resultando que dito centro obtivo por Orde do 29 de maio de 1997 (DOG do 24 de xuño), autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de mañá.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica;

Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la modificación de ensinanzas ó centro privado Santiago Apóstol de Soutomaior (Pontevedra), consistente en imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.- Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Soutomaior.

Localidade: Soutomaior.

Enderezo: A Montesiña nº 33.

Código do centro: 36009147.

Denominación: Santiago Apóstol.

Titular: Cooperativa de Enseñanza Santiago Apóstol.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

a) Centro de educación infantil: 4 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: -8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

d) Centro de educación especial: 1 unidade.

Quenda de tarde-noite:

Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).