Visto o texto da acta do acordo da actualización das táboas salariais do convenio colectivo Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (Unvi, S.A.) de Ourense para o ano 2001 (código de convenio 3200722, publicado no BOP nº 202, do 2-9-2000), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5-2-2001, subscrito pola dirección de empresa e o comité de empresa o día 31-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común.
Esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 14 de febreiro de 2001.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense
Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (Unvi)
Revisión convenio colectivo 2001
Acta de acordo
En San Cibrao das Viñas, o día 31 de xaneiro de 2001, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo da compañía Unvi, S.A. Formada polos seguintes membros:
Pola dirección da empresa: Isabel Pérez Martínez, Javier González Pereira e Ramón F. González Doniz.
Polo comité de empresa: Manuel Alvarez González, Narciso Martínez Ojea, Félix Chaudarcas Gómez, Elías Rubín Currás e Francisco Núñez Iglesias.
Os negociadores acadaron un acordo definitivo para a revisión dos puntos comprometidos para o
exercicio 2001, respecto ó convenio colectivo subscrito durante o ano 2000 cunha vixencia de dous anos,
ACORDAN:
1. Aproba-las táboas salariais, vixentes a partir do día 1 de xaneiro de 2001, que se xuntan como anexo I a este documento e que son as vixentes o 31 de decembro de 2000 incrementadas nas seguintes cantidades:
-un 25% correspondente ó IPC previsto para o 2001 (2%) máis o 0,5% pactado polos negociadores no acordo final sobre o contido do convenio.
2. Presentar este acordo e os seus anexos na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para a súa inscrición no correspondente libro-rexistro da dita delegación e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
3. Solicita-lo depósito do acordo no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta provincia de Ourense.
4. As partes negociadoras apodéranse reciprocamente para que calquera delas poida realiza-las operacións pactadas nos números anteriores ante o organismo público competente.
5. Unha vez redactada e lida a acta da reunión é aprobada por unanimidade, asinándoa tódolos asistentes en proba de conformidade.
E sen haber máis asuntos que tratar levántase a sesión no lugar e data no encabezamento expresados.
Táboa salarial ano 2001. 2,5%
Categoría Sub. cat. A Sub. cat. B
Persoal obreiro Peón 4,324 3,763 Especialista 4,356 3,795 Oficial de 3ª 4,414 3,851 Oficial de 2ª 4,484 3,923 Oficial de 1ª 4,590 4,027 Traballador menor 18 anos 4,324 3,763
Persoal subalterno Almaceneiro 4,283 3,763 Probador 4,443 3,923 Listeiro 4,372 3,851 Recepcionista 4,283 3,763 Vixilante 4,283 3,763 Ordenanza 4,283 3,763 Porteiro 4,283 3,763 Conserxe 4,283 3,763 Chofer turismo 4,443 3,923 Chofer camión 4,547 4,027 Telefonista 4,372 3,851
Persoal técnico Mestre taller 5,302 4,781 Xefe de taller 5,443 4,922 Encargado 5,302 4,781 Titulado medio 5,443 4,922 Titulado superior 5,664 5,142 Delineante proxectista 5,131 4,611 Delineante de 1ª 4,547 4,027 Calcador-reproductor 4,372 3,851 Delineante de 2ª 4,443 3,923
Categoría Sub. cat. A Sub. cat. B
Controlador 4,443 3,923 Tec. organización 1ª 4,545 4,027 Tec. organización 2ª 4,443 3,923 Aux. organización 1ª 4,372 3,851 Aux. organización 2ª 4,316 3,795
Persoal administrativo Aux. administrativo 4,372 3,851 Oficial admvo. de 1ª 4,547 4,027 Oficial admvo. de 2ª 4,443 3,923 Viaxante ou vendedor 4,372 3,851 Xefe admvo. de 1ª 4,606 4,087 Xefe admvo. de 2ª 4,547 4,027 Caixeiro 4,372 3,851 Xefe almacén 4,547 4,027 Xefe contabilidade 4,606 4,087 ATS 5,443 4,922 Traductor idiomas 4,443 3,923 Programador 4,443 3,923 Analista 4,443 3,923

