Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo das industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense para os anos 2000-2002.

Visto o texto do convenio colectivo das industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense para os anos 2000-2002 (código de convenio nº 3200875), con entrada nesta delegación provincial o día 6-2-2001, subscrito con data 29-1-2001, dunha parte, pola Confederación de Empresarios de Ourense, en representación das empresas do sector, e doutra, pola central sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT), en representación dos traballadores do sector, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de febreiro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense, anos 2000-2002

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio regula as relacións laborais en tódalas industrias do sector vinícola, alcoholeiro, licoreiro e sidreiro da provincia de Ourense, salvo que teñan establecido un convenio colectivo de ámbito de empresa cos seus traballadores.

Así mesmo, regula este convenio as relacións de traballo nos establecementos dependentes das citadas industrias, tales como sucursais e depósitos. Os almacéns de productos propios das industrias enumeradas quedan igualmente incluídos cando dependan delas ou cando neles se realicen labores de embotellamento, envasado ou calquera outro de tipo industrial.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio será de aplicación a tódolos traballadores e empresarios incluídos dentro do seu ámbito funcional e territorial, con independencia de cal sexa a modalidade de contrato de traballo que concertasen.

Os traballadores vinculados por unha relación laboral de carácter especial quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación do presente convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día un de xaneiro de 2000, e a súa duración será de tres anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2002.

Finalizada a súa vixencia inicial, entenderase prorrogada por períodos dun ano, salvo que calquera das partes o denuncie por escrito ante a outra, con tres meses de anticipación á data de finalización da súa vixencia, expresando na denuncia as cuestións obxecto de negociación.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas forman un todo orgánico, indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Tódalas melloras laborais e económicas establecidas en virtude do presente convenio (salario base, complementos, pagas extras, etc.) serán compensables e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con aquelas melloras que de calquera clase e forma teñan concedidas as empresas con carácter voluntario en calquera momento, e polas que

se establezan nun futuro en disposicións legais a partir da entrada en vigor deste convenio.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas no presente convenio nin da facultade de amplialas, as empresas que, computando anualmente e de modo global a totalidade das percepcións económicas recibidas polos traballadores, estean a lle aboar ó seu persoal salarios superiores ós esixidos non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que se fixen nas presentes estipulacións, salvo a contía necesaria para supli-las diferencias.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Segundo o disposto no artigo 88 do texto refundido do Estatuto dos traballadores, para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio, créase unha comisión paritaria, integrada por dous membros da Confederación de Empresarios de Ourense pola parte empresarial, e por dous membros da central sindical UGT pola parte social. Fíxase o domicilio da parte empresarial na rúa Modesto Fernández, número 4 de Ourense, e o da parte sindical no Parque de San Lázaro, número 12, 1ª planta de Ourense.

Os acordos alcanzados na comisión paritaria sobre cuestións relacionadas co convenio consideraranse parte del, e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Estes acordos remitiránselle á autoridade laboral competente para o seu rexistro.

Capítulo II

Condicións laborais

Artigo 6º.-Período de proba.

A admisión do persoal na empresa considerarase provisoria en canto non transcorrese un período de proba, a duración do cal variará segundo o establecido a seguir:

-Titulados, seis meses.

-Persoal non titulado, tres meses.

Transcorrido o período de proba sen que mediase denuncia do contrato realizada por calquera das partes, o traballador continuará na empresa nas condicións establecidas no seu contrato.

Artigo 7º.-Aviso previo en caso de extinción do contrato de traballo.

O traballador que decida finaliza-la súa relación laboral coa empresa deberá comunicarllo a esta, por escrito, cunha anticipación mínima de quince días. Se incumprise esta obriga, a empresa poderá descontar da liquidación que lle corresponda ó traballador o importe da retribución diaria deste por cada día de atraso no aviso previo.

Artigo 8º.-Contrato para a formación.

De acordo co previsto no artigo 11.2º.c) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, e atendendo ás especiais características do sector, deficitario de persoal especializado e necesitado dunha profunda

e constante reciclaxe e formación do colectivo global de traballadores, a duración máxima dos contratos para a formación concertados cos traballadores afectados por este convenio será de tres anos.

Esta duración máxima será aplicable tanto ós contratos que se celebren a partir da entrada en vigor do presente convenio como ós xa vixentes con anterioridade.

Artigo 9º.-Contrato eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Atendendo ós ciclos productivos do sector e ó carácter estacional das actividades da industria vitivinícola, alcoholeira e sidreira, o contrato de duración determinada na súa modalidade de eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulado no artigo 15.1º.b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 26 de decembro, poderá terá unha duración máxima de trece meses e medio nun período de dezaoito meses.

Esta duración máxima será aplicable tanto ós novos contratos asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio como ás prórrogas dos contratos vixentes con anterioridade.

Artigo 10º.-Fomento da contratación indefinida.

Durante a vixencia do presente convenio a conversión en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporais, incluídos os formativos, acollerase ó previsto na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e fomento da contratación indefinida, en virtude da cal estes contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos para o fomento da contratación indefinida.

Artigo 11º.-Xornada.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados por este convenio será de 40 horas semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual. Respectando o número de horas anuais de traballo, así como os períodos mínimos de descanso diario ou semanal, cada empresa poderá efectua-la distribución irregular da xornada.

O número de horas anuais que poderán ser aplicadas á distribución irregular da xornada non poderá excede-las 140, tendo en conta que a xornada diaria soamente poderá chegar ás doce horas nun máximo de 25 días ó ano. A distribución irregular da xornada poderase levar a cabo para o período de vendima, así como para atender ó longo do ano labores de embotellamento, pedidos puntuais ou circunstancias similares.

O exceso de horas traballadas compensarase con descanso en igual número de horas nos períodos de menor producción que determine a empresa. A empresa comunicará mediante anuncio no taboleiro,

cunha anticipación mínima de sete días, a xornada irregular.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo. As horas extraordinarias poderán retribuírse ou compensarse con descansos, que se farán efectivos nos catros meses seguintes á súa realización.

Artigo 13º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a trinta días naturais de vacacións anuais.

O período ou períodos de desfrute das vacacións fixaranse de común acordo entre a empresa e os traballadores, tendo en conta que as datas de desfrute non poderán establecerse nos períodos de maior traballo e productividade.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan de vacacións, polo menos con dous meses de anticipación, sendo comunicadas a través do taboleiro de anuncios da empresa.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 14º.-Clasificación profesional.

A clasificación dos traballadores incluídos dentro do ámbito de aplicación do presente convenio ten un carácter meramente enunciativo, sen que as empresas veñan obrigadas a establecer na súa estructura organizativa todos e cada un dos grupos e categorías profesionais.

Non obstante, desde o mesmo momento en que exista na empresa un traballador que realice as funcións correspondentes a unha determinada categoría profesional, deberá ser retribuído con relación ó que corresponda a ela dentro da empresa.

Artigo 15º.-Grupos e categorías profesionais.

O persoal que presta os seus servicios nalgunha das actividades a que se refire este convenio estará comprendido dentro dalgún dos grupos xenéricos e categorías seguintes en razón das funcións que desempeña:

GruposCategorías

1º. Encargado xeral.

2º. Técnicos titulados:

a) con título grao superior

A. Técnicos b) con título de grao medio

3º. Técnicos non titulados:

a) Encargado de adegas e fábricas

b) Encargado de laboratorio

c) Axudante de laboratorio

d) Auxiliar de laboratorio

a) Encargado de administración.
B. Administrativosb) Xefe de administración.

c) Axudante administrativo.

d) Auxiliar administrativo.

a) Encargado de vendas.
C. Comerciaisb) Xefe de vendas

c) Viaxante

d) Auxiliar de vendas.

GruposCategorías

a) Conserxe
D. Subalternosb) Subalterno

c) Recadeiro

d) Persoal de limpeza

a) Encargado de sección ou cuadrilla/oficial de primeira
E. Obreirosb) Oficial de segunda/conductor con carné de 1ª

c) Oficial 3ª/conductor repartidor

d) Peón/Almaceneiro

e) Mozo

Canto á definición dos grupos e categorías profesionais observarase o disposto no laudo arbitral para a substitución negociada da ordenanza laboral para as industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras e sidreiras.

Artigo 16º.-Polivalencia e plena ocupación.

Coa finalidade de conseguir unha acomodación ás necesidades organizativas da empresa e co fin de potenciar unha racionalización dos recursos humanos, os traballadores poderán presta-los seus servicios en diferentes categorías dentro do mesmo grupo e en categorías profesionais equivalentes dentro de diferentes grupos. Para estes efectos consideraranse categorías profesionais equivalentes aquelas que teñan recoñecido o mesmo nivel retributivo, aquelas en que o desempeño das funcións propias delas esixa unha aptitude profesional común, ou un mesmo grao de autonomía ou responsabilidade.

Co obxecto de que o traballador estea ocupado toda a xornada, a dirección da empresa poderá facilitarlles as tarefas necesarias para isto, respectando a profesionalidade das categorías profesionais.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 17º.-Salario.

O salario para 2000 é o que se establece para cada grupo/categoría na correspondente columna da táboa salarial reproducida no anexo I do presente convenio.

Para os sucesivos anos de vixencia do convenio colectivo, aplicarase un incremento salarial igual ó IPC constatado no 31 de decembro do ano anterior. Unha vez constatado o IPC, a comisión paritaria do convenio colectivo reunirase nos 15 primeiros días de cada ano de vixencia para os efectos de elabora-las táboas salariais que rexerán en cada un de eles.

Artigo 18º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores incluídos no ámbito de aplicación do presente convenio gozarán anualmente de dúas pagas extraordinarias, integradas por 30 días de salario base máis a antigüidade consolidada. Estas pagas faranse efectivas, unha durante os primeiros quince días do mes de xullo, e a outra, durante os primeiros quince días do mes de decembro.

Ademais das anteriores, as empresas incluídas dentro do ámbito de aplicación do presente convenio

aboarán unha terceira paga, denominada paga de Nosa Sra. das Viñas, que se fará efectiva o día 15 do dito mes e terá o importe seguinte:

-Durante 2000: 20.000 pesetas.

-Durante 2001: 22.500 pesetas.

-Durante 2002: 25.000 pesetas.

Por acordo entre a empresa e o traballador poderase ratea-lo importe das gratificacións extraordinarias ó longo dos meses do ano. Nos casos de nova incorporación, reingreso ou cesamento, a contía das pagas extraordinarias calcularase en proporción ó tempo traballado durante o ano.

Artigo 19º.-Antigüidade.

As partes asinantes do presente convenio entenden que o complemento de antigüidade dificulta o emprego e, por tanto, co fin de fomenta-lo emprego estable no sector vitivinícola, alcoholeiro e sidreiro acordan que este complemento quede configurado do modo seguinte:

Desde a entrada en vigor do presente convenio, ós traballadores vinculados á empresa con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1999 con relación laboral de carácter indefinido ou temporal convertida en indefinida recoñeceráselles unha antigüidade máxima de doce bienios contados desde a súa data inicial de ingreso na empresa. A antigüidade percibida en función do sistema de cómputo anteriormente vixente percibirase, conxelada para anos sucesivos segundo o cálculo efectuado o 31 de decembro de 1999. Por cada novo bienio cumprido desde a data de entrada en vigor do presente convenio, aboarase a cantidade de 3.400 pesetas.

Os traballadores vinculados á empresa nun momento posterior ó 1 de xaneiro de 1999 non percibirán contía ningunha en concepto de antigüidade.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculación.

O réxime salarial contido no presente convenio non será de aplicación para aquelas empresas que acrediten descensos, en termos reais, da facturación ou dos resultados dos tres últimos exercicios.

Trasladaráselles ás partes a decisión da aplicación da cláusula de desvinculacón, valorando a situación a través do estudio da documentación acreditativa fidedigna que xustifique un tratamento salarial diferenciado, documentación que poderá comprender o balance, a conta de perdas e ganancias e a memoria dos correspondentes exercicios.

Os traballadores e os seus representantes legais estarán obrigados a tratar e mante-la maior reserva e confidencialidade sobre as informacións recibidas e sobre os datos ós que tiveran acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores.

Capítulo V

Réxime disciplinario

Artigo 21º.-Principios de ordenación.

As presentes normas de réxime disciplinario perseguen o mantemento da disciplina laboral, que é

un aspecto fundamental para a normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e intereses lexítimos de traballadores e empresarios.

As faltas, sempre que sexan constitutivas de incumprimentos contractuais e culpables do traballador, poderán ser sancionadas pola dirección da empresa de acordo coa graduación que se establece no presente capítulo.

Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en leve, grave ou moi grave. A falta, sexa cal for a súa cualificación, requirirá comunicación escrita e motivada da empresa ó traballador. A imposición de sancións por faltas graves e moi graves será notificada ós representantes legais dos traballadores, se os houber.

Artigo 22º.-Faltas leves.

Consideraranse como faltas leves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa anticipación previa debida da inasistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que se acreditase a imposibilidade da notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que isto non causase risco para a integridade das persoas ou das cousas, caso en que poderá ser cualificado, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivese a cargo ou de que se fose responsable e que produzan deterioracións leves nel.

Artigo 23º.-Faltas graves.

Consideraranse como faltas graves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata en tres ocasións nun mes por un tempo total de ata corenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous a catro días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do prevido na alínea e) do seguinte artigo.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

f) A desobediencia ás ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas ás normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves para empresa, causasen avarías nas instalacións, maquinarias e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidentes para as persoas, caso en que serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos utensilios, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando disto derivase un prexuízo grave para a empresa.

h) A realización sen o oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de utensilios, ferramentas, maquinaria, vehículos e, en xeral, bens da empresa para os que non estivese autorizado ou para usos alleos ós do traballo encomendado, mesmo fóra da xornada laboral.

i) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produza grave prexuízo para a empresa.

j) A embriaguez non habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afectar ó proceso productivo ou á prestación do servicio e sempre que, previamente, mediase a oportuna advertencia da empresa.

l) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que disto non derivase prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

ll) A diminución do rendemento normal no traballo de maneira non repetida

m) As ofensas de palabras proferidas ou de obra cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando non revistan notoria gravidade.

n) As derivadas dos establecido nas alíneas d) e e) do artigo anterior.

o) A reincidencia ou reiteración na comisión de falta leve, considerando como tal aquela situación na que o traballador fose sancionado por falta leve, aínda de distinta natureza, durante o período dun ano anterior ó momento da comisión do feito.

Artigo 24º.-Faltas moi graves

Consideraranse como faltas moi graves:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses ou en vinte durante un ano.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens de propiedade da empresa, de compañeiros ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante a xornada de traballo ou noutro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa

f) A embriaguez e a drogodependencia durante o traballo, sempre que afecte negativamente ó rendemento.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal para a empresa.

h) As derivadas das alíneas 1.d) e 2.F, l) e m) do presente artigo.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal pactado.

j) A inobservancia dos servicios de mantemento en caso de folga.

k) O abuso de autoridade exercido por quen desempeña funcións de mando.

l) O acoso sexual.

ll) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, considerando como tal aquela situación na que o traballador fose sancionado por falta grave, aínda de distinta natureza, durante o período dun ano anterior ó momento da comisión do feito.

Artigo 25º.-Retirada de carné de conducir.

Aqueles conductores que sexan sancionados coa retirada de carné de conducir, ou que sexan encausados penalmente con ocasión da comisión dalgunha falta ou delicto durante a súa xornada laboral derivados da súa actuación na estrada como consecuencia da conducción baixo a influencia de bebidas alcohólicas, incorrerán en falta moi grave, que será sancionada con suspensión de emprego, soldo e cotización á Seguridade Social, e mesmo con despedimento disciplinario, en función da gravidade da súa actuación e das consecuencias que impliquen ou poidan carretar.

Artigo 26º.-Prescrición.

Respecto ós traballadores, as faltas leves prescribirán ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Artigo 27º.-Sancións.

As sancións máximas que poderán imporse pola comisión das faltas enumeradas nos artigos anteriores son as seguintes:

a) Por falta leve, amoestación verbal ou escrita e suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por falta grave, suspensión de emprego e soldo de tres a catorce días.

c) Por falta moi grave, suspensión de emprego e soldo de catorce días a un mes, traslado a centro de traballo de localidade distinta durante un período de ata un ano e despedimento disciplinario.

As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puideran facerse constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ó cumprirse os prazos dun, tres ou cinco anos, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

Capítulo VI

Disposicións varias

Artigo 28º.-Partes asinantes.

O presente convenio foi concertado pola Confederación de Empresarios de Ourense (C.E.OU.) e pola Central Sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT).

Artigo 29º.-Submisión ó AGA.

As partes asinantes deste convenio acordan durante a súa vixencia someterse ás disposicións contidas no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA) nos propios termos en que está formulado, para resolver de modo pacífico os conflictos laborais que poidan xurdir da aplicación do presente convenio.

Artigo 30º.-Dereito supletorio.

Para o non previsto no presente convenio as partes remítense ó establecido no laudo arbitral dictado en substitución da ordenanza laboral para as industrias vitivinícolas, alcoholeiras, licoreiras e sidreiras, e ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial

GruposCategoríasSalario

base

Encargado xeral110.000

Técnico titulado superior90.000

Técnico titulado medio85.000

TécnicosEncargado de adegas e fábricas82.000

Encargado de laboratorio82.000

Axudante de laboratorio79.450

Auxiliar de laboratorio76.875

Encargado de administración87.125

AdministrativosXefe de administración82.000

Axudante administrativo79.450

Auxiliar administrativo76.875

Encargado de vendas87.125

ComerciaisXefe de vendas82.000

Viaxante79.450

Auxiliar de vendas76.875

GruposCategoríasSalario

base

Encargado sección ou cuadrilla/oficial 1ª87.125

ObreirosOficial 2ª/conductor con carné de 1ª82.000

Oficial 3ª/almaceneiro79.450

Peón/conductor repartidor76.875

Mozo72.775

Conserxe72.775

SubalternosSubalterno72.775

Recadeiro72.775

Persoal de limpeza72.775