En sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de marzo de 2001, o tribunal adoptou os seguintes acordos:
Primeiro.-Anula-la pregunta nº 82, correspondente ó exercicio tipo test da quenda de acceso libre, materia xurídica, opción B, porque a súa formulación podería condicionar de maneira importante a contestación correcta e dificultaría que na citada proba quedase garantido, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións do coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente.
Segundo.-Adoptar como regra de conversión de equiparación entre a cualificación obtida polos aspirantes, no dito exercicio, na convocatoria realizada pola Orde do 30 de outubro de 1997, e a cualificación obtida nesta convocatoria, a regra de tres simple.
Terceiro.-Publicar, nos lugares indicados na base II.2.5 da convocatoria, a relación de opositores que superaron o primeiro exercicio.
Cuarto.-Convoca-los opositores da quenda libre e os de promoción interna para a realización do segundo exercicio, o día 28 de abril de 2001, sábado, ás 9 horas na facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fide
digno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
Para a resolución dos casos prácticos, poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta; e poderán acudir con calculadora non programable.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2001.
Gonzalo Vázquez Rivas
Presidente do tribunal

