Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 157/2000 se acordou citar a José Ramón Baldomir Cotelo, en calidade de denunciado por unha falta do artigo 636 do Código penal por conducción sen seguro obrigatorio, ó xuízo sinalado para vindeiro día 9 de maio de 2001 ás 11.30 horas, podendo comparecer asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo, e acompañado das probas de que se intente valer.
E para que conste e sirva de citación a José Ramón Baldomir Cotelo, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón, a catorce de marzo de dous mil un.
O secretario
Rubricado

