Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, por esta cédula fai constar que nos autos de xuízo de faltas 57/2000, recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Sentencia. En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela o 5 de outubro de 2000. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia 57/2000, no que actuaron como partes, como denunciante José María Rodríguez Blanco, asistido do letrado Alejandro Franco Martínez e como denunciado Ángel Manso Vila. Foi parte o Ministerio Fiscal.
Decido que debo condenar e condeno a Ángel Manso Vila como autor dunha falta do artigo 617 á pena
dun mes, multa con cota diaria de 200 pesetas, así como ás custas procesuais, e a que indemnice ó denunciante José María Rodríguez Blanco en 75.000 pesetas polos días de incapacidade e secuelas.
Esta pena deberá facela efectiva unha vez firme esta resolución cando sexa requirida para o efecto e de non facerse efectiva imponse a pena privativa de liberdade, que se cumprirá en centro penitenciario dun día por cada dúas cotas diarias que deixe de pagar.
Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e se fixará o domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo deberá acreditarse ter pedido a subsanación da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento no que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización
poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non fosen practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.
Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».
Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito e para que así conste, expido e asino este testemuño en Santiago de Compostela o nove de marzo de dous mil un.
O secretario
Rubricado

