Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 968/2000, seguidos por instancia de José Manuel Bouza Verdes contra Inserco S.C. e outras sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sen
tencia, na data 9-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:
«Que, estimando a demanda interposta por José Manuel Bouza Verdes contra as empresas Inserco S.C. e Auxicoruña, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante e, ó non ser posible a readmisión do traballador no seu posto de traballo, debo declarar extinguida a relación laboral entre as partes, condenando as empresas demandadas co fin de que conxunta e solidariamente fagan o pagamento ó demandante da suma de 72.312 pesetas en concepto de indemnización, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da presente resolución, coa absolución de Alfonso Mosquera López e Alfredo Rivas López, así como do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle a este último.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poden anunciar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo do depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65; sen estes requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que lles sirva de notificación a Inserco S.C., Auxicoruña, S.L., Alfonso Mosquera López e Alfredo Rivas López, que tiveron o seu último enderezo coñecido en Alcalde Lens, 35, local 8, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 9 de marzo de 2001.
O secretario xudicial
Rubricado

