Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (740/2000).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 740/2000, seguidos por instancia de Alfredo Balado Calvo contra TSP Impermeabilizaciones sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 20-2-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando en parte a demanda interposta por Alfredo Balado Calvo, contra e empresa TSP Impermeabilizaciones S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 289.858 pesetas, coa absolución

do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidese corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a TSP Impermeabilizaciones, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/Arenal, 13, A coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 2 de marzo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado