Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 125/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: rentranqueo en M.T. en San Pedro de Leixa.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión a 20 kV, instalándose:

-Apoio metálico e conductor LA-110, de 16 m de lonxitude, coa orixe na liña de dobre circuíto Santa Mariña-Freixeiro e remate en paso aero-subterráneo.

-Tramo subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al, de 640 m de lonxitude e remate na mesma liña en inmediacións do Hospital Arquitecto Marcide, no concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de marzo de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegada provincial da Coruña en funcións