O 8 de novembro de 1999 foi dictada resolución pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da subestación Vilalba II e a súa interconexión coa liña a 132 kV Vilalba-Mondoñedo (expediente 15/1999 A.T.) que afecta na provincia de Lugo o termo municipal de Vilalba.
O 27 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia dictou resolución pola que se declara de utilidade pública, en concreto, a subestación Vilalba II e a súa interconexión coa liña a 132 kV Vilalba-Mondoñedo. (Expediente 15/1999 A.T.).
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar para o día 15 de febreiro de 2001 a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo á presente resolución e tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 27 de abril de 2000, no BOP de Lugo do 25 de abril de 2000 e no xornal El Progreso do 5 de abril de 2000, para que comparezan no Concello de Vilalba, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emen
da-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios pro
postos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, tentada esta, non se puidera practicar e, así, entende-las dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.
Lugo, 4 de xaneiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Relación de titulares, bens e dereitos afectados
Termo municipal de Vilalba
no plano
(m) (m.l.) (m)
Titular Nº predio
Lugar Afección apoio Afección voo Nº apoio Supeficie
Superficie
Superficie
Hrdos. de Rene (Rpta. Mercedes Ramil Glez.) 1 Roza de Santa Comba 1 9,30 88 1.760
Hrdos. de Maseda (Rpta. Manuel Maseda Eimil) 3 Sete Pontes 2 15,6 55 1.110
Descoñecido 21 Os Lagos 10 200 Generoso Ramudo Castro 24 Os Lagos 11 220 José Ramil Guntín 26 Os Lagos 11 220

