Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 00/205).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., O Penal-Cuíña (Ortigueira).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.141 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. depuradora de augas e final no C.T. do Penal-Cuíña, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV no Penal-Cuíña, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.640 m de lonxitude. No termo municipal de Ortigueira

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 22-11-2000, no BOP do 3-11-2000, no xornal La Voz de Galicia do día 25-10-2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Ortigueira. Ó mesmo tempo noti

ficouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 28 de febreiro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña