Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. praza de Monforte.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: que coa finalidade de mellora-la calidade da subministración eléctrica na zona da praza de Monforte no concello da Coruña. L.M.T.S., a 15 kV, cunha lonxitude de 0,015 km, con orixe na L.M.T. subterránea GRE 72, entre C.T. Ramón Cabanillas e C.T. Antonio Viñes, conductor tipo R.H.V., e final no C.T. praza de Monforte. Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 28 de febreiro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña

