Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/310-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modif. 1 do proxecto L.M.T.S., C.T. estrada de Fontán, 7, Sada.

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 176 m de lonxitude, con orixe na liña existente entre C.T. porto deportivo e C.T. fronte de xuventudes e C.T. en r/ estrada de Fontán, nº 7, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en estrada de Fontán, nº 7. Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de marzo de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións