Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da asistencia técnica para a tramitación técnica e administrativa de expedientes de autorizacións e sancións en materia de vertidos de augas residuais no ámbito das concas hidrográficas de Galicia costa.

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador:

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

15781 Santiago de Compostela - A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 45 51

Telefax nº: 981 54 16 76

2. a) Modalidade de adxudicación elexida:

Concurso con procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación:

Clave: OH.088.167/AT

Asistencia técnica para a tramitación técnica e administrativa de expedientes de autorizacións e sancións en materia de vertidos de augas residuais no ámbito das concas hidrográficas de Galicia Costa.

Orzamento: 99.453.562 pesetas (noventa e nove millóns catrocentas cincuenta e tres mil cincocentas sesenta e dúas pesetas, equivalente a 597.727,946 euros).

3. Lugar de execución:

Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no punto 5 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate:

Non existe posibilidade.

6. Variantes:

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o estiman conveniente, unha variante ou alternativa, de acordo co indicado no punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 4 do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato:

24 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente:

Organismo autónomo Augas de Galicia. Praza Camilo Díaz Valiño, s/n. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51

Así mesmo, tambén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=266

b) Data límite para presentación de proposicións:

23 de maio de 2001, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas:

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura:

Sala de xuntas de Augas de Galicia, día 5 de xuño de 2001, ás 10 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas:

Fianza provisional: dous por cento (2%) do orzamento base de licitación (1.989.071 pesetas, equivalente a 11.954,557 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do orzamento base de licitación (3.978.142 pesetas, equivalente a 23.909,115 euros).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes:

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato:

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

Tres meses conforme o artigo 89 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria:

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, letra a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio:

30 de marzo de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

30 de marzo de 2001.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia