Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do contrato das obras de reparación de 50 vivendas de promoción pública en Galiñeiras, Mondoñedo, Lugo. (Expediente LU-97/REP 01).

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foi adxudicado polo procedemento de concurso aberto, o contrato de referencia á empresa Construcciones Alea, S.L. por un importe de cincuenta e un millóns oitocentas corenta e unha mil trescentas corenta e sete (51.841.347) pesetas (311.572,77 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2001.

P.D. (Resolución do 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo