Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este servicio provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso,
achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por emitido o trámite seguindo o seu curso o expediente.
Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 1 de marzo de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente de desafiuzamento: 3/2001 (non ocupación) (regularización).
Expedientado: José O. Rodríguez Pita e herdeiros.
Último domicilio coñecido: Sta. Mariña, Campo de Chao, nº 5-3, 1º, Ferrol.
(Expediente C-420, conta 20).
Nº de expediente de desafiuzamento: 1/2001 (non ocupación).
Expedientado: Josefa Vázquez Ramos e herdeiros.
Último domicilio coñecido: Fernando VI, bloque 2, P-2, 4º D (Ferrol).
(Expediente C-81/050, conta 92).

