En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1.124, 1.504, 1.501 e 1.091 do Código Civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifícanselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.
Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábi
les para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.
En caso contrario procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 1 de marzo de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefe de Área Provincial da Coruña
ANEXO
Celia Novo Martínez e herdeiros.
Expediente C-81/050 (desafiuzamento F.P. 148/00). Conta 104
Polígono de Esteiro, bloque 2, P-2, 7º D (Ferrol).
Importe débeda: 1.977.942 pesetas.

