Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adxudicación do proxecto e obra que se indica.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contración.

Nº de expediente: 401/2001.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: mellora das condicións hixiénico-sanitarias do edificio de Ferro, para a súa futura ocupación pola Facultade de Ciencias da Educación e do Traballo e Facultade de Historia.

Lugar de execución: Ourense.

Plazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 205.000.000 de pesetas (1.232.074,81 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal, 46, anexo 3ª planta.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixible:

Grupo: CSubgrupo: 1Categoría: F

Grupo: CSubgrupo: 7Categoría: F

Grupo: JSubgrupo: 2Categoría: E

Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: rematará o corenta e cinco día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación. Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Domicilio: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo-36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

Localidade: Vigo-36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 26 de marzo de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente