O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a intervención no edificio da Casa do
Mar, presentado pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas.
Segundo.-Proceder á publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia e BOP.
Terceiro.-Notificarlles ós interesados no dito proxecto.
Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
Quinto.-Comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.
O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos no presente acordo.
A Coruña, 20 de febreiro de 2001.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

