Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno Corporativo Municipal, en sesión extraordinaria de data 16 de febreiro de 2001, o proxecto de ordenación de medio rural do Concello de Entrimo. De conformidade co disposto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, ábrese un trámite de información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado o expediente na secretaría municipal e formularse as alegacións que se estimen oportunas.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas, cunha duración máxima dun ano, naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento nas que as novas determinacións supoñan unha modificación do réxime urbanístico vixente, sinalando que a dita

suspensión afecta a todo o territorio deste termo municipal.

En calquera caso, a suspensión extínguese coa aprobación definitiva do planeamento.

Entrimo, 3 de marzo de 2001.

Juan Alonso Alonso

Alcalde-presidente