Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia con data do 31 de xaneiro de 2001, sométese a información pública o avance do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio da Magdalena, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se poidan presenta-las suxestións e propostas que estimen pertinentes.

Durante o período sinalado o expediente pode consultarse na xerencia de urbanismo do concello.

Faise público para xeral coñecemento.

Ferrol, 2 de febreiro de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde