Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

REPARCELACIÓN voluntaria.

Presentada por Victoria Ángeles Cabado Rodríguez, en nome e representación propia e dos demais propietarios afectados, a proposta, formalizada en escritura pública, da reparcelación voluntaria dunha área incluída no polígono 1 do Plan parcial correspondente ó sector 11, xunto coa demais documentación necesaria, de acordo co establecido no artigo 103 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais normativa aplicable, sométese a información pública durante vinte días, contados desde o seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para os efectos legais oportunos.

Melide, 12 de xaneiro de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde