O Pleno do Concello, na sesión do 26-1-2001, aprobou definitivamente o plan parcial correspondente ó SAU-4 (Castelao-As Telleiras).
A eficacia do referido acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación co establecido na lexislación do réxime local.
O que se fai público coa indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra isto cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso. Todo iso sen prexuízo de que poida exercerse calquera outro recurso que se estime procedente.
Nigrán, 21 de febreiro de 2001.
José Manuel Rial Cadaval
Alcalde

