Aprobado inicialmente pola Alcaldía, por Resolución do 21 de marzo de 2001, o Plan parcial do sector R-1 A Pedreira, Padrón, coas observacións contidas no informe da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 27-7-2000, en cumprimento do disposto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal poderá ser examinado o expediente e formularse as elegacións que se consideren oportunas.
Padrón, 22 de marzo de 2001.
O alcalde
Rubricado

