Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Características:

1. Entidade adxudicadora:

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías:

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo o día anterior.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios:

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 23 de marzo de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

ObraOrzamento contrataPrazo execuciónClasificación esixida

Nº 115 POL 2001 Láncara. Abastecemento auga a Oleiros, As Bouciñas e Cubeiro, terminación10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 116 POL 2001 Navia de Suarna. Renovación depósitos rede de abastecemento de auga a Robledo de Rao10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 120 POL 2001 Quiroga. Abastecemento auga, saneamento e ambiente P. Fisteus, Vilar de Lor e outras10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 141 POL 2001 O Incio. Saneamento do núcleo de Foilebar10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 154 POL 2001 Ribadeo. Rede de sumidoiros na Faxarda e Vilar10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 160 POL 2001 Xermade. Rede de sumidoiros e saneamento no núcleo de Xermade10.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 161 POL 2001 Xove. Saneamento de Vilela, Cornide e S. Vicente11.000.0006 mesesNon se esixe