Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA das obras de montaxe para museo do tren de xoguete.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras de montaxe para museo do tren de xoguete, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provinvial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 28 de marzo de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente